domingo, 30 de octubre de 2016

Por Bibiana Vilas

Reflexión sobre o PLE e o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe.



¿QUÉ É UN PLE?



O PLE (entorno persoal de aprendizaxe) e o conxunto de ferramentasservizos e conexións que empregamos para aprender. Aprendendo a través dun PLE pódese dirixir, tomar control e xestionar o propio aprendizaje, tal e como ocorre co aprendizaxe informal, conectando información de diversas fontes, información que chega filtrada e comentada pola comunidade na que se participa.Estas conexións que establecemos poden modificarse en función dos nosos intereses, dando lugar a un PLE flexible e adaptado a cada momento.

As ferramentas que se empregan nun PLE resolven estas tres cuestión, dónde e cómo aprendemos, con quén aprendemos e cómo nos relacionamos coa comunidade. Entre estas ferramentas destacamos:

- Ferramentas de lectura e fontes de información que nos permiten buscar e acceder á información.
- Ferramentas e mecanismos de reflexión, síntese e organización para crear, editar e publicar a información.
- Ferramentas e estratexias de relación, trátase da rede persoal de aprendizaxe: está formada por todas aquelas persoas coas que compartimos, aportamos e difundimos información e opinións.

As características dun PLE son: que é  Gratuito, Personal y Dinámico.

O MEU PLE INICIAL


Recordo a sesión do 9 de setembro, cando o profesor Carlos Parada nos pediu que fixeramos este exercicio de análise sobre o noso entorno de aprendizaxe, reflexándoo de maneira visual e compartíndoo co título “O meu PLE inicial”. Naquel momento pensei…inicial? e…final… , non imaxinaba que o meu PLE evolucionaría tal e como o fixo durante os último dous meses e tampouco era consciente da súa utilidade.

A día de hoxe podo dicir que logro escapar da INFOXICACIÓN grazas a coñecer as ferramentas axeitadas para o deseño dunha estratexia de agregación, filtraxe e curación de contidos.

Nas sesións presenciais  adquirín coñecementos sobre  moitas  ferramentas e servizos da web 2.0 ,útiles a nivel persoal e laboral, que emprego non so no meu traballo a diario senón que o poño a disposición das persoas as que oriento. Estas ferramentas son: twitter, google+, tagxedo, blogger, linkedin, feedly, scoop it, diigo, about me e pinterest.

Captura do meu FEEDLY


Para concluir a miña reflexión sobre este tema quero facer mención á labor docente de Carlos Parada, titor deste Posgrao e docente das Tic’s.

Estou convencida de que parte da autoevaluación dun mestre é a consecución dos obxectivos por parte do alumnado ao que se está informando e formando. 

Polo que a min respecta, cumplíronse con creces as miñas expectativas sobre a importancia e a utilidade das TIC’s no noso día a día e , por suposto, para a nosa labor como orientador@s. Felicítote pola tua actitude entusiasta ante a ensinanza. Para min foi esencial ,para asimilar os conceptos, a manera de transmitirnos toda a información, descifrando os contidos para que fosen asequibles e facéndonos partícipes dun aprendizaxe significativo. E debo recoñecer que , ainda que as tarefas moitas veces resultaron algo pesadas, tiñan como finalidade que adquiríramos o coñecemento. 

Podo asegurar que despois destos catro meses comprendo a esencia da Web 2.0 e teño unha panorámica das ferramentas e servizos que podo empregar no meu día a día, tanto a nivel persoal como profesional.




No hay comentarios:

Publicar un comentario