lunes, 31 de octubre de 2016

Por Bibiana Vilas 
 

Reflexións do Módulo III

“Marco Instrumental da   Orientación Laboral”



Os contidos deste módulo distribuíronse en seis temas que, á vez, se enmarcaban dentro de dous bloques temáticos.



Por unha banda, a docente Mayte Deus abordou a labor d@ orientador@ laboral falando das ferramentas , técnicas e coñecementos propias das persoas profesionais da orientación laboral cara a axuda na búsqueda de emprego.

Mentres que co docente Fernando Agulló analizamos o plan de viabilidade dun plan de empresa elaborado con anterioridade durante a impartición do Módulo I.

E, ainda que non houbo ningún tema específico para as TIC’s, tamén estiveron presentes durante este módulo dunha maneira transversal pero intensa, a través dunha chea de tarefas encomendadas polo docente Carlos Parada .Tales como, crear o noso perfil profesional nas redes, desenvolver e reforzar a nosa identidade dixital persoal e profesional, reflexionar sobre o noso PLE empregando ferramentas TIC’s para a curación de contidos ou, quizais a máis relevante para min, a dinamización a través de Google+.
Despois desta breve introducción paso a resumir os contidos impartidos en cada tema, destacando as cuestións máis fundamentais.


No tema 11 Intermediación laboral falouse de cómo detectar e xestionar os factores que en cada caso están a dificultar o acceso ao emprego, e as claves no deseño de desenvolvemento das accións destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas en situación de dificultade social. Sendo a nosa labor, como orientador@s, informar aos usuari@s sobre recursos para mellorar a súa empregabilidade. É fundamental coñecer a situación de partida de cada persoa para orientar a intervención en función das necesidades reais.

Analizamos os distintos modelos de intervención na orientación laboral (didáctico, de asesoramento ou centrado nos recursos). Todos eles deben ser individualizados, respondendo as necesidades de cada orientad@, flexibles, permitindo axustes e deben potenciar a autonomía de cada usuari@ desenvolvendo os sus recursos, habilidades e competencias. Tamén se detallaron as características comúns destes modelos cos da UE.
Por último, outro punto clave tratado neste tema foi o da atención a diversidade, tomando conciencia das dificultades e particularidades cos que parten certos colectivos, para contribuir na súa integración social.

No tema 12 Itinerarios de inserción comezamos por coñecer o significado dos itinerarios de inserción, asimilando que son accións que se organizan dentro dun proceso e teñen como obxectivo a inserción socio-laboral e o desenvolvemento profesional d@s usuari@s a través do asesoramento individual e grupal. É unha medida común para toda a poboación activa e non específico dos colectivos con risco de exclusión social.



Estes itinerarios estructúranse e 3 FASES diferenciadas:

1º- Facer un diagnóstivo persoalizado.
2º- Unha intervención orientadora, con actividades individuais como grupais.
3º- Unha seguemento para unha evaluación contínua.

Dunha maneira individualizada os itinerarios seguen este ESQUEMA na consecución:


  • Acollida: para coñecer as necesidades e expectativas d@ usuari@ e a presentación dun plan de traballo.
  • Orientación: proceso de acompañamento por parte dunha persoa profesional, coa finalidade de que esta persoa poida identificar e potenciar as competencias persoais e profesionais do seu orientad@.
  • Formación: conxunto de acción que permiten ao usuari@ adquirir competencias profesionais e persoais.
  • Intermediación: momento no que a persoa coñece e pon en práctica as técnicas de búsqueda de emprego e entra en contacto coa oferta de traballo.
  • Ocupación/Emprego: un novo proceso de acompañamento á inserción que se inicia cando @ usuari@ se incorpora ao posto de traballo e remata cando se avalía a competencia en relación co posto de traballo.
  • Peche: fase final do proceso de acompañamento por consecución do obxectivo proposto.



Con respecto ao tema 13 Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións: Debo dicir que, ainda que o tema auguraba abordar a materia das entrevistas, durante as sesións presenciais tanto do día 8 como 14 de outubro, falouse da importancia das dinámicas grupais na orientación e profundizamos nos tipos de dinámicas que podemos empregar para alcanzar diferentes obxectivos. 
Na última hora da sesión, sí se fixo un simulacro de entrevista , baseada nun Cv por competencias. A docente Mayte Deus recomendeu a web de Barcelona Activa,xa que ten un catálogo de ocupación donde se detallan as competencias por ocupación, ademáis de contér un diccionario de competencias clave que nos pode axudar á hora de orientar. Esta web é un bo recurso que nos ofrece diferentes ferramentas a técnicas para levar a cabo no noso día a día como orientador@s.
Compre ter en conta que cada vez máis se están a empregar as entrevistas por competencias, motivo polo que debemos prepararnos nesa materia. 

No obstante, ainda que durante as sesións presenciais, considero que non se profundizou sobre o tema das entrevista, sí podo facer un breve resumo coas ideas principais dos contidos deste tema, achegados a través da plataforma.

A entrevista no ámbito profesional da orientación é un instrumento que se emprega fundamentalmente para o asesoramento por un lado e como medio de selección persoal polo outro. Tanto a persoa que entrevista como @ entrevistad@ actúan en función do seu rol e persiguen os seus propios obxectivos. Por un lado a persoa que entrevista busca avaliar si a persoa que está entrevistando é válida para o posto de traballo que se oferta: se SABE, se PODE e se QUERE. Polo outro lado o entrevistad@ intenta demostra que PODE, SABE e QUERE desempeñar as tarefas do posto de traballo.

En canto aos tipos de entrevista que se poden empregar están as dirixidas, as semidirixidas e as grupais.

É preciso traballar a linguaxe non verbal xa que de cara a unha entrevista dará tanta ou máis información que o que expón verbalmente @ candidat@.

Unha entrevista ten tres FASES: Presentación, desenvolmento e peche. En cada unha delas se producen subfases que se implementaran adaptándoas ás características do usuario. 

Achego un vídeo ilustrativo de cómo enfrentarse a unha entrevista de traballo que podemos compartir cos nosos usuari@s







O tema 14 alude a Análise de perfís profesionais e a prospección de emprego.


É fundamental para a persoa que orienta o coñecemento dos postos de traballo existentes e as súas características, imprescindible para levar a cabo unha orientación efectiva ,cun obxectivo real de inserción laboral. Non se trata simplemente dunha listaxe de empresas e postos de traballo, senón que se trata dun estudo máis en profundidade para comprender o que hai detrás de cada capacidade, competencia, actitude e aptitude requeridas polo mercado laboral de cada momento e lugar

En relación coa análise dos perfís profesionais débese traballar en tres campos:


  • A análise dos postos de traballo: para coñecer ademáis dos postos de traballo existentes, as características principais de cada ocupación
  • A búsqueda de información: a través de diferentes fontes sobre as ocupacións  e as demandas de cada momento do mercado laboral. Trátase de estar informado da oferta e da demanda.
  • Coñecer os novos perfís profesionais: nun mundo que está en constante evolución, prodúcense cambios que afectan irremediablemente ao mercado laboral. Isto non ten que ser negativo senon que pode xerar oportunidades de traballo. Se prevee que moitas destas novas ocupacións están relacionadas coas novas tecnoloxías e a xestión do tempo. 


En canto a prospección de emprego hai que diferenciar a prospección de empresas, orientada ao coñecemento e descrición da oferta, é dicir dos postos de traballo que conforman o texido empresarial. Da prospección orientada á demanda de emprego, referíndonos ao coñecemento dos perfís profesionais encamiñado á súa inserción laboral e inclusión social.

No Tema 15, Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego.

Por unha parte están as Técnicas e ferramentas de emprego que teñen como obxectivo que o demandante coñeza instrumentos e adquira habilidades que lle permitan realizar unha búsqueda de emprego activa, organizada e efectiva. Así como disponer dos recursos básicos para afrontar un proceso de selección con posibilidades de éxito.(portais on-line de emprego, asociacións profesionais, servizos públicos de emprego, ETT etc. ), os modelos de C.V. e cartas de presentación, os tipos de entrevistas e probas de selección, así como o networking.

Por outra banda está a tarefa dos orientador@s por potenciar actitudes positivas ante a cultura do autoemprego, fomentando o espíritu emprendedor. Consiste en realizar acción encamiñadas a información e asesoramento para a elaboración dun plan de empreda, a análise dos facores clave do éxito, achegar información sobre os recursos existentes a nivel de infraestructuras e axudas.

Para empatizar co emprendemento, durante as sesión presenciais ademáis de analizar en profundidade o que é un plan de empresa, levámolo a cabo a través dun xogo de simulación empregando o modelo Canvas.


Por último, o tema 16, A elaboración do Plan de Empresa (Análise económico-financieiro. Estudo de viabilidade)
Tras profundizar sobre a necesidade do estudo do mercado durante o Módulo I , e ter elaborado o boceto dun plan de empresa, na derradeira sesión presencial co docente Fernando Agulló, tratamos de perfeccionar a estratexia para o éxito do noso proxecto que se comprobaría unha vez feito o estudo de viabilidade.


Enlaces de interese:




No hay comentarios:

Publicar un comentario