Por Bibiana
Vilas
Reflexións
do Módulo I “Marco Conceptual da Orientación Laboral”
Nas próximas liñas reflexionarei sobre
as cuestión que estimo máis importantes dentro do “Marco Conceptual da
orientación laboral”, xa que considero que son útiles e aplicables na nosa
labor como orientador@s.
Do tema 1 destaco toda
a información relacionada coas Políticas
Activas de Emprego, xa que son medidas postas en marcha polo goberno para
mellorar a inserción, formación e a promoción da creación do emprego, e inflúen
sobre a oferta a demanda de traballo. Teñen como obxectivo combatir o desemprego e as consecuencias sociais da crise.
Segundo a Estratexia Española de
Activación para o Emprego 2014-2016 e o PAPE 2016 todos os servizos e
programas das políticas activas de emprego e inserción laboral
enmárcanse nos siguientes exes:
1. Orientación
2. Formación
3. Oportunidades de emprego.
4. Igualdade de
oportunidades no acceso ao emprego
5. Emprendemento
6. Mellora do marco institucional
do Sistema Nacional de Emprego
Tódalas medidas me parecen necesarias e imprescindibles,
xa que na actualidade hai un colectivo cada vez maior de personas que precisan
dun servizo de atención persoalizada no referente a súa situación laboral e
profesional, por iso considero fundamental para @s orientador@s coñecer estas
medidas para poder asesorar, acompañar, motivar e proporcionar as ferramientas
necesarias e útiles ás persoas orientadas, para que éstas decidan o seu camiño
profesional.
Con respecto ao tema 2,
referente ao Mercado de Traballo, foi revelador para min o apartado
sobre o Equilibrio no mercado de traballo, onde colisionan dúas
forzas e intereses. Por unha banda os traballadores que representan a “oferta”
de traballo (canto máis elevados sexan os soldos máis desexo de traballar
haberá por parte d@s traballador@s). E por outro lado están as empresas, das
que depende a demanda de traballo (canto máis baixos sexan os salarios reais
máis traballo demandarán as empresas).
En relación ao equilibrio de traballo,
existen dúas escolas de pensamento
económico, a clásica e a keynesiana, as cales discrepan sobre a situación
na que se atopa actualmente o mercado e sobre as causas e efectos do paro. Cada escola ten un
enfoque diferente para o estudo económico do mercado laboral en consecuencia das
súas ideas sobre a política monetaria, o comportamiento do consumidor e o gasto
público.
No relativo ao tema 3, valoro moi positivamente a
presentación de Elena González experta en orientación laboral e profesional. Durante
a súa exposición sobre a estructura do FP e os Certificados de
Profesionalidade, explicou con moita claridade o significado de termos como:
INCUAL, FPE, FPI, FP Dual, Familias Profesionais, FP Contínua e aclarou as
diferencias entre a Competencia Profesional (conxunto de coñecementos e
capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás
esixencias do mercado) e a Cualificación Profesional (conxunto
de competencias profesionais que poden ser adquiridas por formación e/ou
experiencia).
Considero que na nosa labor como
orientador@s é indispensable coñecer en profundidade todo o relacionado coas
Certificacións e as distintas vías para a Formación Profesional , para así
poder informar sobre o novo marco de competencias profesionais, vías de acceso
e os mecanismos para a obtención de competencias clave e certificados
profesionais. Ademáis de asesorar e sensibilizar os
nosos usuarios/as sobre a importancia da acreditación do coñecemento e/ou
experiencia de traballo para incrementar a súa empregabilidade.
En referencia ao tema 4, que aborda a temática da Política Social e de Emprego da Unión
Europea, considero interesantes os dous bloques de contidos. Por unha banda
coñecer en detalle a Estratexia Europa
2020 para poder informar aos nosos orientad@s dos programas, axudas, subvencións, becas, etc
dos que poden ser beneficiarios de cara a mellorar a súa empregabilidade.
E seguidamente o alusivo á Mobilidade de Traballadores pola Unión Europea.
Que nos permite facilitar ,aos
usuarios/as que o desexen, a información e as ferramentas que existen para ir a
traballar ou estudar nalgún país da UE, así como a información necesaria para
desenvolverse con facilidade no país de destino.
Para concluir esta reflexión, analizo a miña aprendizaxe sobre o Emprendemento, que se tratou no tema 5. Eloxio en primeiro lugar a exposición por parte do ponente Fernando Agulló. Persoalmente recoñezo que non tiña moitas expectativas para a formación neste tema pero a miña perspectiva cambiou durante a xornada do 22 de xullo, pois entendín que o emprendemente está sendo unha alternativa das persoas desempregadas, cada vez máis empregada, para a súa incorporación ao mercado laboral.
Por isto, a labor da persoa que orienta
é fundamental, pois é importante coñecer
as características que debe ter un emprendedor@ e tamén saber cómo xestar unha
idea empresarial e cómo desenvolvela, mediante o modelo CANVAS e un Plan de
Empresa. Así como , proporcionar aos emprendedor@s os coñecementos e
habilidades necesarias para desenvolver e aplicar o seu modelo de negocio,
respetando sempre a súa idea, xa que a persoa que emprende é a que toma as
decisións sobre o seu proxecto.
Son consciente de que o emprendemento é
necesario para o crecemento económico e para a promoción do texido empresarial.
Dentro do emprendemento destaco o emprendemento social, que pon en valor
o talento das persoas que traballan para lograr un cambio social e fan unha
aportación moi importante para a mellora da sociedade na que vivimos. As cooperativas son una alternativa de
negocio baseada nun conxunto de valores que fundamentan a economía social.
E finalizo a miña reflexión achegando un
video sobre a creación dunha cooperativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario