Por Bibiana
Vilas
Reflexión sobre
o PLE e o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe.
¿QUÉ É UN PLE?
O PLE (entorno persoal de aprendizaxe) e o
conxunto de ferramentas, servizos e conexións que
empregamos para aprender. Aprendendo a través dun PLE pódese dirixir, tomar control e xestionar o
propio aprendizaje, tal e como ocorre co aprendizaxe informal, conectando información de diversas fontes, información que chega filtrada
e comentada pola comunidade na que se participa.Estas conexións que
establecemos poden modificarse en función dos nosos intereses, dando lugar a un
PLE flexible e adaptado a cada momento.
As ferramentas que se empregan nun PLE resolven estas tres cuestión,
dónde e
cómo aprendemos, con quén aprendemos e cómo nos relacionamos coa comunidade. Entre estas ferramentas
destacamos:
- Ferramentas
de lectura e fontes de información que nos permiten buscar
e acceder á información.
- Ferramentas
e mecanismos de reflexión, síntese e organización para crear, editar e publicar a información.
- Ferramentas
e estratexias de relación, trátase da rede persoal de aprendizaxe: está formada por
todas aquelas persoas coas que compartimos, aportamos e difundimos información
e opinións.
As características dun PLE son: que é Gratuito, Personal y Dinámico.
O MEU PLE INICIAL
Recordo
a sesión do 9 de setembro, cando o profesor Carlos Parada nos pediu que fixeramos este exercicio de análise
sobre o noso entorno de aprendizaxe, reflexándoo de maneira visual e
compartíndoo co título “O meu PLE inicial”. Naquel momento pensei…inicial? e…final…
, non imaxinaba que o meu PLE evolucionaría tal e como o fixo durante os último
dous meses e tampouco era consciente da súa utilidade.
A
día de hoxe podo dicir que logro escapar da INFOXICACIÓN grazas a coñecer as ferramentas
axeitadas para o deseño dunha estratexia de agregación, filtraxe e curación de
contidos.
Nas sesións presenciais
adquirín coñecementos sobre moitas ferramentas e servizos da
web 2.0 ,útiles a nivel persoal e laboral, que emprego non so no meu traballo a
diario senón que o poño a disposición das persoas as que oriento. Estas ferramentas son: twitter, google+, tagxedo, blogger, linkedin,
feedly, scoop it, diigo, about me e pinterest.
Captura do meu FEEDLY
Para concluir a miña reflexión sobre este tema quero
facer mención á labor docente de Carlos Parada, titor deste Posgrao e docente das Tic’s.
Estou convencida de que parte da
autoevaluación dun mestre é a consecución dos obxectivos por parte do alumnado
ao que se está informando e formando.
Polo que a min respecta, cumplíronse con
creces as miñas expectativas sobre a importancia e a utilidade das TIC’s no noso
día a día e , por suposto, para a nosa labor como orientador@s. Felicítote pola
tua actitude entusiasta ante a ensinanza. Para min foi esencial ,para asimilar os conceptos, a manera de transmitirnos
toda a información, descifrando os contidos para que fosen asequibles e facéndonos
partícipes dun aprendizaxe significativo. E debo recoñecer que , ainda que as tarefas moitas veces resultaron
algo pesadas, tiñan como finalidade que adquiríramos o coñecemento.
Podo
asegurar que despois destos catro meses comprendo a esencia da Web 2.0 e teño
unha panorámica das ferramentas e servizos que podo empregar no meu día a día,
tanto a nivel persoal como profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario